Por vós, por nós e polo que é noso! Porque #TodosSomosRibeiraSacra

cepas32

Onte foi un día triste para min. Levanteime con esta lamentable noticia: “A candidatura a Patrimonio da Humanidade inclúe 58 das 99 zonas de viñedo da Ribeira Sacra“.  As nosas sospeitas confirmábanse. A Comisión de Seguimento reunida a pasada semana en Monforte de Lemos exclúenos do “mapa provisional” proposto para a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. De feito, curiosamente, e como cabía esperar, ningunha das zonas afectadas polo futuro  trazado da autoestrada A-76 figuran recollidas neste borrador. Somos a excepción, que confirma… non a regra, senón os intereses de moitos en que este desastre medioambiental e humano vaia adiante. Non nos consideran parte de esa “Ribeira Sacra” con dereito a ser recoñecida.

Que me digan na cara que os viñedos en bancais do meu avó non forman parte de ese patrimonio, que os seus 77 anos e dende que era un neno lle levan dado tanto traballiño: podar, estacar, atar, refollar, sulfatar e facer a vendima no mes de setembro. O que custa baixar os sacos no ombreiro dende alá arriba, e máis coa súa idade. Sorte que agora as veces ten a nosa axuda. Porque non temos a tecnoloxía das grandes adegas, pero sí moitas ganas e moito cariño, o que nos permite levar unha botella de bo viño “da casa” a nosa mesa, cada ano un pouco mellor. Que me digan, que a nosa Capela da Costria, un ben cultural protexido, do século XVIII, o redor da cal se celebran moitas festas e que xa sufriu as consecuencias do asfalto no seu día, non merece estar a altura doutras igrexas. Que me digan que un Parador e máis digno que un pequeno Hotel con encanto, vistas o Miño, cociña caseira e Q de calidade turística, rexentado por unha estupenda familia emprendedora. Que me digan que a desembocadura do Sil, espazo recollido en Red Natura 2000 da UE non ten importancia. Ou os restos romanos que percorren todo o curso deste mesmo río.

Pero o peor de todo isto, é que o noso Alcalde estivo presente e tomou parte, nesta casual decisión. Pero qué lle importa a el?…

Qué lle importamos os de alá abaixo. Qué lle importa que sexamos porta de acceso ao centro neurálxico do Concello, por onde pasan centos de turistas cada verán para ir o Catamarán ou a Santo Estevo. Qué lle importa que unha autoestrada nos atravese e deixe as nosas casas penduradas. Qué lle importa que o noso Muíño, o noso Campo da Festa, o noso local social poidan sufrir danos. Qué o noso monte e todo o noso entorno xa nunca vaia a ser o mesmo. Qué lle importa que a tía Lola os seus 92 anos non poida pasear ao sol tranquila pola Ferreirua. Ou que a Isabel non poida ir a andar pola comarcal. Qué lle importa que Helena, de 7 anos, se vaia a quedar sen a cabana que con tanto amor lle fixo o seu pai. Qué lle importa que o meu afillado de ano e medio vaia a medrar ao carón dun túnel. Qué lle importa, en definitiva, o meu avó e o seu legado. Non lle importan as NOSAS VIDAS,  nin as NOSAS HISTORIAS. Que iso si que é para nós, patrimonio da HUMANIDADE.

Non lle importamos a el. Non lle importamos á súa secretaria, nin ao Teniente Alcalde. Non lle importamos ao Presidente da Deputación nin ao da Xunta, e eso que  se supón que é o noso veciño. Non lle importamos á Comisión de Seguimento nin ao Consorcio. Nin a outros Alcaldes. Nin moito menos a Fomento. A eles, o único que lles importa, por si aínda non estaba claro, son eles mesmos e os seus propios intereses. Unha vez máis…

A sorte que temos, é que estes días, estamos descubrindo que non os necesitamos. Porque hai moita máis xente a quen sí lle importamos tamén. E así nolo estades a demostrar co voso apoio. Por vós, por nós e polo que É NOSO , lles guste ou non, seguiremos loitando! Porque #TodosSomosRibeiraSacra e faremos o que estea na nosa man para estar coma sempre, NO MAPA, porque ou imos todos a Europa, ou ninguén!!! O noso Patrimonio tamén conta!!

Solo me queda dicirche a ti, César, que se aínda pensas que nos representas e che queda algo de vergonza, fagas o favor, aínda que os “plazos” xa remataron para nós ( e para ti ) , de asumir as túas responsabilidades de unha vez por todas e dar a cara e senón, DIMITE.  Vémonos o 25 na Feira.

Firmado, mal que lles pese, unha veciña da “Ribeira Sacra”.

 

 

 

 

 

Anuncios

6 comentarios en “Por vós, por nós e polo que é noso! Porque #TodosSomosRibeiraSacra

  1. este artigo está moi ben e identifícome plenamente con el, quixera a colación do artigo facerme unha serie de preguntas, por si alguén me poidera constestar:: cando se informou, si se informou o concello para que fixera alegacións, solo soupo deste periodo de alegacións o alcalde e o seu grupo e a oposición non se enterou de nada?, non se lle comunicou nada a oposición ou esta tamén pasou?
    En relación co período de alegacións, no boe de agosto, aparecen unha serie de grupos ecoloxistas facendo alegacións(verdegaia, amigos da terra, adega) pero en relación con este tramo non vexo eu ( o mellor hainas) alegacións, nin estes grupos nese momento denunciaron o aldraxe para movilzar a xente, parece que tamén pasaron de puntillas sobre esta zona nas alegacións
    Tamén teño entendido que antes da publicación do boe de agosto, manexábanse moitas alternativas e que máis se manexaba era unha que iba por chantanda e non tocaba a nosa zona?
    Aparecen nas alegacións grupos de particulares facendoas, incluso de peares o que demostra que esa xente polo que fora si se enteraron e que a maoría da xente moitas veces prestámoslle pouca atención a cousas que si nos enteresan xa que según parece pubricouse o prazo de información pública o 10 de setembro do 2008 na Región e na Voz de Galicia, información a que no lle prestamos moita atención, con esto o que quero decir e que debemos estar máis espabilados para que despois non nos queixemos cando nos metan un gol (eu o primeiro)
    Ánimo e a seguer na loita

    • Grazas polo teu comentario xaverdapena! Sentindoo moito non imos poder darche moitas respostas…Dende mediados de marzo cando nos enteramos de todo isto levamos entregado no Rexistro do Concello un montón de escritos a nome da Asociación de Veciños, da Plataforma e de varios veciños afectados a título particular solicitando toda á información relativa ao proxecto da autovía dende os inicios, en qué datas foron notificados os cambios de trazado por Fomento e todo o relacionado co expediente de alegacións, incluindo en qué momento foron informados os grupos políticos con representación no Concello pola Alcaldía si é que o realmente tiveron esa información, etc. O 31 de marzo acudimos ao Pleno do Concello solicitando o mesmo, así coma un Pleno Extraordinario no que o Alcalde asumise responsabilidades, presentase recurso e nos informase de todo. Ademáis chamamos varias veces por teléfono. E ata agora non temos resposta. Non saben, non contestan. E eso é o que estamos a denunciar…a indefensión, a desinformación pública, o oscurantismo, este desamparo por parte da Administración en xeral. A pouca información da que dispoñemos en canto ao trazado conseguímola nós por outros medios. Suponse que no 2008 efectivamente a alternativa era outra, o que non sabemos e por qué agora cambiou afectando a nosa zona pertencente á Ribeira Sacra. O Alcalde comunicou soamente que non ía presentar recurso ao contencioso porque non podía ir en contra dos intereses empresariales…de maneira que deixa claro que polo menos él sí que dispón de máis datos…Teremos que seguir esperando a que se digne a cumplir coas súas obligacións…Pero non imos esperar sentados! Eso seguro. Seguiremos loitando ata o final! Tes razón de que hai que espabilar…Un saúdo!

  2. Sinceramente, creo que a alguien le podemos hacer mucha competencia turísticamente y ….nos quieren borrar del mapa, algún hijo de…pero todo saldrá al tiempo. No es normal demasiadas cosas que no encajan. Ya no nos han tenido en cuenta a la hora de hacer rutas de senderismo (con todas las que tenemos),en los mapas turísticos no venimos como lugar de interés,¿ Por que?, quien tiene interés de que nadie sepa del pueblo tan expectacular que tenemos?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s