¡Se non o vexo non o creo!

Ave Cesar!!!

Hai pouco máis dun mes que ningún veciño de Nogueira de Ramuín eramos coñecedores de que ía a pasar unha autoestrada por algunha parte do noso Concello, bueno, digo que ningún veciño, e ao mellor algún ou algúns si que o sabían pero éralles mellor non dicir nada, a saber con que escuros intereses.

O asunto foi que saltou a lebre e os veciños da parte de abaixo do Concello enterámonos por unha metedura de pata dun dos empregados municipais ao que seguramente non tiñan ben confesado os seus superiores, “pildoulle no morral” como se diría en barallete.

Como será a cousa que aos veciños das parroquias de Viñoás e da Carballeira colléronos de tan mala leche que apresuradamente fundamos unha plataforma sen color político para defender os nosos dereitos, cousa que deberían estar a facer os nosos gobernantes, aos que eliximos precisamente para que nos protexeran. “Uns verdadeiros anxos da garda”

Esta futura autoestrada, que despois de ter non sei cantos proxectos distintos (o último nas circunstancias mencionadas) quérenola endosar desde un viaducto que atravesa o río Sil pola parte sur da parroquia de Pombeiro (Lugo), atravesando por enriba unha aldea chamada O Coitelo (Os Peares) e deixando outra colgada, Fiscal (parroquia de Moura). E para que lles vou seguir contando porque a desfeita que fará na parroquia de Viñoás e da Carballeira vai a ser un verdadeiro “sindiós”.

Dáse a circunstancia de que este traxecto é a entrada da Ribeira Sacra que vai desde Ourense aos Canóns do Sil.

Este sábado día 26 saíu na primeira páxina de La Región a noticia de que os empresarios de Nogueira de Ramuín están a favor da construcción da autoestrada, e digo eu: ¿quén os aconsellaría a tomar esta decisión?, porque case seguro que foi de catro ou cinco que terán algunha cousa pendente que compensar, xaque a citada autoestrada non lle beneficia en nada. Creo que a estes empresarios seríalles mellor que lles arranxaran ben as carreteiras que comunican os diferentes pobos, visto o tipo de industria que temos no Concello.

Está visto que as cousas cando non se fan ben poñen nerviosos hasta aos máis poderosos.

Continuará…

Un veciño da Carballeira.

 

Anuncios

6 comentarios en “¡Se non o vexo non o creo!

  1. ” Ave Cesar” O clavache.Si lle facemos caso a “La Region ” o presidente dos empresarios dice:” preferimos esta a ningunha” “a autovia é un elemento de progreso”, ben , ¿en que lle beneficia a os empresarios? ¿mais carga de traballo e mais obreros ? ¿mais exportacions e importacions ? ¿aumento de trafico de camions con mercadorias? ¿aumento de contenedores no porto de Vigo e outros portos con direccion o municipio ?. Saiba, que a autoestrada non remata na cidade e para que o municipio se beneficie de ela fai falta unha conexion como dios manda, mais estragos para os veciños, eses veciños cos que falou antes da xunta directiva de Aenor ( os de Luintra) poque si falara cos do Coitelo, Fiscal, Penalba, Pereira, etc… non falaria tan ricamente.Outra falcatruada, “a declaracion de patrimonio protexido non pon que pode ser negativo ter unha autovia”,vale , pero cando esa obra estraga unha paixase inimitable cruza un rio que a sua desembocadura esta protexida por red natura 2000 deixa pobos colgando, a outros furanlle debaixo dos pes e a maior parte do trazado ven a ceo aberto o patrimonio da humanidade vai “o carallo” non e humano e dun lumbreras.
    O alcalde: “opta por la prudencia y es factible buscar soluciones al trazado”, ben, non sexa tan prudente haber si se lle vai pasar o arroz, e buscar solucions , xa se ve as reunions que manten “diarias e prolongadas” cos veciños afectados .
    Outra: “Las infraestructuras por algun sitio tienen que pasar ” pois haber si lle colle a vostede algun viñedo , leira ou lle meten un tunel debaixo da sua casa.
    O presidente dos empesarios de Valdeorras (AEVA) erre que erre con que ” no entendemos que alguien se dé cuenta ahora del trazado. Podría haber otras cuestiones detrás”. Pois si señor, nadie se enterou e cando digo nadie falo tamen por as institucions afectadas (gol po la escuadra e sin queixarse).Grazas Ministra de Fomento , Xunta de Galicia por esa gran obra é ese gol , algun esta manchando o pantalon.

  2. Un pouquiño de sentidiño entre todos, espero que esta plataforma “apolítica” asi o siga sendo dentro de un ano e non se trate de quitar rentabilidade polítca dela ( a solución dentro de un ano cando sexan as municipais) haber si segue sendo apolítica daquelas e naide a utiliza de trampolín
    Eiquí como di outra persoa noutro comentario deste blog, nada se di da oposición, esta que debia ser garante do que fai o equipo de goberno, nada se sabe, debian estar a dormir no período de alegacións, ou se o concello as fixo as súas espaldas mais grave todavia, parece que estan por estar,
    Isto non é unha defensa do equipo de goberno pero si todos estamos dacordo que este o fixo mal, cada un que aguante a sua vela a oposición ( si é que hai) estivo lucida
    ,E se segundo di a noticia donte de la región, os empresarios fixeron alegaccións a algún proxecto ben che gardaron o pacto de silencio para que esto non saira o exterior, serán todos da corda do alcalde?
    En canto a que nin dios se enterou, si se ven as alegacións de agosto, pódese comprobar que asociacións, grupos ecoloxistas si fixeron alegacións co cal esta xente si estivo atenta, o que si se me escapa que non o sei e si estas alegacións foron este proxecto definitivo ou foi a outro proxecto.
    Porque si foi este proxecto, estas organizacións ecoloxistas ben puideron poñer en alerta os cidadans eles que son cañeros contra os aldraxes da administración.

    • Ola Suso,

      Agradecemos o teu comentario e deixámosche aquí a resposta do autor do escrito ao mesmo:

      “Ou moi enganado me teñen, que non creo, ou podo afirmar que esta plataforma non ten “cor política” é dicir, que é apartidista, xa que o que menos importa é a ideoloxía de cada unha das persoas que a compón pois o único obxectivo que ten é acadar que a administración competente paralice e anule o actual tramo e que busque alternativas para o mesmo dende o punto de vista ecolóxico, social e patrimonial.
      O que queira ver outro tipo de interese na mesma seguramente é porque non vive en ningunha das aldeas polas que pasará este tramo e que dorme tranquilamente pola noite, cousa que non podemos facer as máis de cen persoas que formamos parte desta plataforma (repito de tódalas ideoloxías políticas) xa que o lugar que eliximos para facer o noso proxecto de vida vai quedar arrasado.
      Con sinceridade, cando te atopas de repente coa nova de que a túa vida, os teus soños, todo polo que ti loitaches está en grave perigo o único no que ti pensas e no que pos tódalas túas enerxías e en tratar de frear ese sinsentido e non noutros extraños intereses.
      Por outra banda, esta persoa que escribe, e que por suposto é como moitísima xente da contorna, socio desta plataforma, non ten interese nin especial preferencia por ningún partido político e o que desexaría é que todos eles ( e digo todos, goberno e oposición) fixeran unha firme aposta por defender o territorio, o patrimonio e a calidade de vida das persoas que os elixiron para ser os seus representantes.” Un veciño da Carballeira.

      Saúdos

    • Non nos enteramos porque básicamente, a nosa, non era unha das opcións exactamente contempladas en ningún momento. O proxecto do 2008 contiña 8 alternativas, e a ese, é ao que se puido presentar alegacións que o noso Concello non presentou nin avisou aos veciños colocando o correspondiente bando nos tablóns de cada parroquia como se suele facer por se alguén a nivel particular quixese alegar. O caso e que agora, na aprobación ambiental e proxecto “definitivo”, sae unha “alternativa 9” que se sacaron da manga que se compón das alternativas 2+4 pero con modificacións que é a que nos afecta e que ademáis de supoñer un desastre a nivel social e ambiental, é a alternativa máis costosa das baraxadas. Será porque imos sobrados de cartos neste país agora mesmo…e como non hai outras vías que están a medio facer ou que se podían aproveitar e mellorar…

      O caso é que no dito ano 2008 e nas previas do 2006, o Alcalde era outro, e ese mesmo Alcalde está agora na Directiva da Asociación de Empresarios, e si antes o ocultou ou non fixo o que tiña que facer no que corresponde á información pública e agora o defende…gustaríame saber que tipo de intereses ten. Porque cando se nomea na noticia aos “empresarios da Ribeira Sacra” fálase só da Directiva, xa que nin os socios nin os veciños tomaron parte nesa reunión da que falan. Ou eso é o que eu sei…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s