De Feira en Luintra no #DíadeGalicia

Como cada vintecinco de mes, o pasado venres, había feira en Luintra (Nogueira de Ramuín). Este era un vintecinco especial, xa que se celebraba o día da Nosa Terra, o día do Apóstolo.

Para os veciños de Penalba, Carballeira, Ferreirúa… tamén foi un 25 diferente, xa que acudiron a Luintra coa Mesa informativa, convertindo esta xornada, non só nun día lúdico, senon tamén reivindicativo, onde tiveron a oportunidade de expoñer aos veciños do Concello así como aos turistas que se achegaban polo lugar, as afeccións da A76 pola Ribeira Sacra, os planos do trazado e mostrar que inda quedan folgos para continuar con esta loita.

IMG-20140725-WA0016
IMG-20140725-WA0013

Unha vez máis grazas polo apoio, pola vosa solidaridade, polos ánimos e polas sinaturas que acadamos, porque cada unha destas sinaturas, cada unha das vosas verbas de alento, son un motivo máis pra continuar.

Seguiremos facendo mesas informativas e outras actividades nas que xa estamos traballando . En canto teñamos confirmación das mesmas, teredes coñecemento a través da páxina de facebook, twitter e aquí no blogue.

Porque a Ribeira Sacra é Patrimonio da Humanidade, nos pertence a todos… NON podemos permitir que nola asoballen. NON A-76 pola Ribeira Sacra!!!

Anuncios

Reflexións sobre as últimas novas da A-76 na Ribeira Sacra

Vista do Miño e de "O Mesón"

Vista do Miño e de “O Mesón”

Nos últimos días puidemos ler, tanto na páxina de Deputación de Ourense como nalgúns xornais provinciais e autonómicos, titulares coma estes:

BALTAR CONSEGUE QUE FOMENTO ABRA UN NOVO PERÍODO DE INFORMACIÓN PÚBLICA NO TRAMO DA PENALBA

LA AUTOVÍA A-76 SERÁ SOMETIDA A OTRO PERÍODO DE ALEGACIONES EN LA RIBEIRA SACRA

Fomento comunicó a Manuel Baltar que volverá a exponerlo al público y revisará el trazado, mientras licita el resto de tramos para evitar demoras

LA A-76 A SU PASO POR PENALBA SE ABRIRÁ OTRA VEZ A INFORMACIÓN

EL TRAZADO DE LA A-76 EN LA RIBEIRA SACRA PODRÁ VARIAR

Baltar consigue que Fomento acepte someter al polémico tramo a otro periodo de alegaciones.

A simple vista e sen ter máis información ao respecto semella que se trata dunha nova positiva para os veciños e veciñas das parroquias afectadas do Concello de Nogueira de Ramuín. Así e todo, haberá que agardar a coñecer con detalle o alcance da mesma para aventurarse a realizar unha valoración ao respecto, xa que como bo galego gosto de imitar a Santo Tomás.

Mais ao volver ler os titulares anteriormente expostos non podo deixar de fixarme nun comentario recurrente en todos eles.

Dun xeito ou outro, todos falan de que si Fomento “volverá a expoñer ao público o trazado”, “someterá o trazado a outro período de alegacións”, etc.

Non perdamos a perspectiva. Claro que é unha boa nova que abran período de alegacións, mais lembremos que para a “alternativa mixta Ourense 9”, que discorre por onde naceu a plataforma contra a A-76 pola Ribeira Sacra, sería a primera vez que o fixeran, xa que este trazado en ningún momento foi exposto a información pública. Foi un trazado acordado entre o órgano promotor e o órgano ambiental (BOE de 14-8-2013) definitivamente aprobado (BOE de 08-02-2014) sen dar opción a facer alegacións ao respecto. O único que se expuxera (BOE de 05-09-2008), foran as oito alternativas que se barallaban naquel intre das que, dito sexa de paso, o noso Concello tampouco nos informou. De aí as constantes manifestacións da Plataforma sobre a indefensión sufrida por todos os veciños e veciñas das poboacións afectadas, e de aí tamén, a urxente necesidade de actuar xuridicamente interpoñendo o recurso contencioso administrativo baseado precisamente nesa indefensión.

Unha vez aclarado este punto considero que debemos saudar positivamente esta nova, pero sen esquecer que o obxectivo da Plataforma é acadar a elaboración dun proxecto alternativo ao trazado actual da A-76 ao seu paso pola Ribeira Sacra, que non afecte a núcleo de poboación algún e que non poña en perigo esa zona de especial fraxilidade paisaxística, en trámite para ser nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O obxectivo é que se anule esta aberración de trazado, porque se ben dende o punto de vista ecolóxico e paisaxístico esto é importante, o é tanto ou máis dende o punto de vista humano. Non esquezamos que esas poboacións, que quedarían totalmente afectadas a causa do tantas veces mencioado trazado, son o modo de vida de moitos pais, avós e netos que diariamente fan a súa vida alí e gozan das súas casas, das súas terras e da fermosura da súa paisaxe.

Todos os apoios suman. Todos os apoios se agradecen. E ogallá que ENTRE TOD@S academos poñer un pouco de senso en todo isto porque alternativas, “habelas hailas” so fai falla querer atopalas.

Ribeirán Forever

Fontes:

Deputación de Ourense

La Región

El Correo Gallego