Un ano de loita. Toca facer balance…

Hoxe cúmplese un ano dende que os veciños e veciñas de Nogueira de Ramuín nos enteramos por azar da triste nova de que o trazado da autoestrada A-76 ía atravesar as nosas aldeas e parte do territorio da Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio da Humanidade, así que toca facer balance…

Un ano de loita, que se dí pronto, no que non podemos máis que dar GRAZAS e manifestar o noso orgullo, posto que co voso apoio e a axuda de todos e todas vos, son moitos os pequenos pasos que levamos dado na procura dunha alternativa máis sensata para este proxecto, que trate de preservar o valor patrimonial, natural e social da Ribeira Sacra.

365 días de traballo e colaboración co que conseguimos o apoio de moitas das institucións afectadas tais como a Deputación de Ourense, o Concello de Nogueira de Ramuín (aínda que un apoio tardío e moi insuficiente…), os Concellos de Coles e a Peroxa e o Valedor do Pobo xunto co seu equipo técnico, ademáis do firme compromiso da Ministra de Fomento, Ana Pastor, de abrir o período de exposición pública para o tramo de Monforte a Ourense, que convén recordar, nunca estivo exposto como tal.

Non é o caso da Xunta de Galicia que, por máis citas que temos pedido dende fai meses co señor Presidente Alberto Núñez Feijóo, o anterior Conselleiro de Cultura Xesús Vázquez e o delegado da Xunta en Ourense Rogelio Martínez, parece que a cousa non vai con eles… Porque non podemos crer que a estas alturas aínda non se fixesen eco das nosas reivindicacións… Tendo en conta ademáis que o señor Feijóo é veciño da zona… Esperamos que, antes de maio, algún deles poida recibirnos, porque, dicimos nós, alguna opinión terán ao respeto… ou é que non lles afecta que un dos valores máis importantes en Galicia como é a Ribeira Sacra vaia a sucumbir baixo o asfalto? Ven Fomento, mételles unha autoestrada no territorio do que son representantes públicos e de verdade que eles non teñen nada que dicir? Enfin…

Qué todavía nos queda tempo de loita por diante, polo que unha vez máis dende aquí agradecémosvos que continuedes ao noso lado, porque estamos convencidos e convencidas de que xuntos, habémolo conseguir!! E que algún destes días, o sentido común primará neste asunto.

Polo de pronto, esperamos que en breve, Fomento abra ese período de alegacións para que poidamos empezar a exercer o noso dereito á defensa do noso patrimonio, un patrimonio de TOD@S.
#RibeiraSacraPatrimonioHumanidade

reunion.ana.pastor.manuel.baltar.e.representantes.plataforma.NON.A.76.01

Anuncios

O Concello de Nogueira de Ramuín presenta por fin moción de apoio á Plataforma

20140613_091759

Dende a Plataforma valoramos que por fin 3 meses despois da nosa loita e trala indefensión sufrida anteriormente o Concello de Nogueira de Ramuín comece a asumir responsabilidades e a tomar medidas ao respecto.

Non obstante, consideramos a moción aprobada no Pleno ao que acudimos o pasado venres 13 de xuño totalmente insuficiente. Tendo en conta a gravísima afección que o trazado da autoestrada A-76 proxectado vai supoñer sobre diversos núcleos de poboación do municipio, e como institución que nos representa máis directamente, non poden limitarse a  presentar a mesma moción que aprobou no seu día a Deputación de Ourense por maioría absoluta, na que se solicitaba a Fomento a reapertura ou ampliación do período de alegacións.  De ahí a nosa decepción co grupo de Goberno, que se negou a pedir a anulación total do tramo que discorre polo Concello. Lamentamos ademáis o feito de que varios membros deste grupo abandonasen a sala xusto no momento no que o Alcalde, César Parente, cedeu a palabra á veciñanza, sen dar ningún tipo de explicación ou pedir desculpas aos presentes por ter que marchar.

Manifestamos a nosa intención de reunirnos de novo co Alcalde e os representantes dos grupos políticos do Concello para solicitar unha posición clara e unánime contra o actual trazado que atravesará Nogueira de Ramuín, porta de acceso á Ribeira Sacra por Ourense, e a solicitude ao Ministerio de Fomento da anulación do mesmo, así como a busca de solucións alternativas máis ecolóxicas, económicas e sensatas, onde se teña en conta especialmente o proceso de candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

 Ver no apartado de Prensa as aparicións nos medios de esta noticia.