Recollida de Firmas en #Ourense #Grazas

IMG-20140621-WA0008

Este sábado 21 de xuño varios membros da Plataforma estivemos recollendo firmas e informando sobre a afección do trazado da A-76 pola Ribeira Sacra na Rúa do Paseo de Ourense. Dende aquí queremos agradecer unha vez máis a tód@los que vos achegástedes a nosa mesa informativa e firmástedes en apoio á nosa Plataforma. O tempo acompañóu a medias coa forte tormenta que caeu pola tarde anegando parte da cidade…Pese a todo, non impediu levar a cabo o noso principal obxectivo: a difusión dun asunto que nos vai afectar a tódol@s ourensáns, pois está en xogo un dos nosos maiores tesouros naturais, a Ribeira Sacra, en trámite  a ser considerada Patrimonio da Humanidade.

O domingo 22 tocóunos xornada de traballo (combinada con diversión, que tamén ven ben de vez en cando) para a grabación dun vídeo que estamos a preparar e do que por agora non adiantaremos nada…mellor que sexa sorpresa… 🙂

10451168_546636735447836_5460091567054615058_n

Como vedes, a nosa loita continúa, e seguimos precisando de vós. Ademáis de firmar nas nosas mesas, recordámosvos que podédes a través do noso blog imprimir as follas, recoller firmas entre os vosos amigos e coñecidos e enviárnoslas, ou firmar tamén na nosa petición de change.org. 

Sen máis, qué pasedes Boa Noite de San Xoán, a ver se meigas e bruxas nos botan tamén unha man…