De Feira en Luintra no #DíadeGalicia

Como cada vintecinco de mes, o pasado venres, había feira en Luintra (Nogueira de Ramuín). Este era un vintecinco especial, xa que se celebraba o día da Nosa Terra, o día do Apóstolo.

Para os veciños de Penalba, Carballeira, Ferreirúa… tamén foi un 25 diferente, xa que acudiron a Luintra coa Mesa informativa, convertindo esta xornada, non só nun día lúdico, senon tamén reivindicativo, onde tiveron a oportunidade de expoñer aos veciños do Concello así como aos turistas que se achegaban polo lugar, as afeccións da A76 pola Ribeira Sacra, os planos do trazado e mostrar que inda quedan folgos para continuar con esta loita.

IMG-20140725-WA0016
IMG-20140725-WA0013

Unha vez máis grazas polo apoio, pola vosa solidaridade, polos ánimos e polas sinaturas que acadamos, porque cada unha destas sinaturas, cada unha das vosas verbas de alento, son un motivo máis pra continuar.

Seguiremos facendo mesas informativas e outras actividades nas que xa estamos traballando . En canto teñamos confirmación das mesmas, teredes coñecemento a través da páxina de facebook, twitter e aquí no blogue.

Porque a Ribeira Sacra é Patrimonio da Humanidade, nos pertence a todos… NON podemos permitir que nola asoballen. NON A-76 pola Ribeira Sacra!!!

Anuncios

Las 12 y 1

foraa76

1. ¿Por qué el Concello de Nogueira de Ramuín después de tres meses aprueba por unanimidad apoyar la solicitud de abrir el periodo de alegaciones?

2. ¿Por qué el Concello de N.de R. no aprueba una moción para decir “NO” al trazado que discurre por dicho Concello?

3. ¿Se debe tal vez, a los  empresarios, quienes no asistieron a la última reunión de la mesa pro A-76 en Monforte, y por eso es que ya no tienen tanto interés?

4. ¿Por qué la mesa pro A-76 ahora sí entiende que se modifique lo que sea necesario y ya no sigue diciendo que le sorprende que no nos enteráramos?

5. ¿Por qué se empiezan a suavizar los comentarios de la alternativa 9 Monforte-Ourense?

6. ¿Empezamos a entender que es una aberración a los sentidos?

7. ¿Poquito a poco nos empezarán a dar la razón?

8. ¿Por qué impera la burocracia y no los sentidos, y Fomento contesta ya de una vez?

9. ¿A nadie le importa lo que los afectados están pasando?

10. ¿Por qué muchos vecinos, debido a su vejez, no pueden vivir sus días “tranquilitos”?

11. ¿Veremos algún día que los elegidos por el pueblo “sirvan” antes que “servirse”?

12. ¿La política democrática de este país, llevará algún día al límite lo de democrática?

 

12­ y 1. ¿Por qué sigue habiendo tantas preguntas sin respuesta?

 

Madofe34

O Concello de Nogueira de Ramuín presenta por fin moción de apoio á Plataforma

20140613_091759

Dende a Plataforma valoramos que por fin 3 meses despois da nosa loita e trala indefensión sufrida anteriormente o Concello de Nogueira de Ramuín comece a asumir responsabilidades e a tomar medidas ao respecto.

Non obstante, consideramos a moción aprobada no Pleno ao que acudimos o pasado venres 13 de xuño totalmente insuficiente. Tendo en conta a gravísima afección que o trazado da autoestrada A-76 proxectado vai supoñer sobre diversos núcleos de poboación do municipio, e como institución que nos representa máis directamente, non poden limitarse a  presentar a mesma moción que aprobou no seu día a Deputación de Ourense por maioría absoluta, na que se solicitaba a Fomento a reapertura ou ampliación do período de alegacións.  De ahí a nosa decepción co grupo de Goberno, que se negou a pedir a anulación total do tramo que discorre polo Concello. Lamentamos ademáis o feito de que varios membros deste grupo abandonasen a sala xusto no momento no que o Alcalde, César Parente, cedeu a palabra á veciñanza, sen dar ningún tipo de explicación ou pedir desculpas aos presentes por ter que marchar.

Manifestamos a nosa intención de reunirnos de novo co Alcalde e os representantes dos grupos políticos do Concello para solicitar unha posición clara e unánime contra o actual trazado que atravesará Nogueira de Ramuín, porta de acceso á Ribeira Sacra por Ourense, e a solicitude ao Ministerio de Fomento da anulación do mesmo, así como a busca de solucións alternativas máis ecolóxicas, económicas e sensatas, onde se teña en conta especialmente o proceso de candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

 Ver no apartado de Prensa as aparicións nos medios de esta noticia.

“O Romance do Concello”

Xa temos o noso maio case rematado!!! O seu traballiño deu pero merecerá a pena seguro. Mañá Sábado 3 de maio estaremos na Praza do Afiador de Luintra cantando as nosas coplas, e o Domingo 4 de maio na Rúa do Paseo de Ourense a partir das 12 hrs nos dous sitios. Para ir abrindo boca deixámosvos eiqui un exemplo de copla feita por unha veciña do Forno Vello, que se titula “O Romance do Concello” :

“Vouvos contar unha historia
dun concello un pouco raro
no que ninguén sabe nada
e hai segredos gardados.

Pois aconteceu un día
no que estaban despistados
que fomos ata o concello
a preguntarlles o trazado.

Mi madre, miña madriña
cousa máis imposible
pero mira rapaciña
que esa autoestrada non existe.

E dende enton ata agora
estabamos esperando
que chegasen os papeis
e nos fixeran algo de caso

E fai agora unhos días
chegou a contestación
tamén esperar un mes
pa semellante información.

Eu non che entendo de isto
pero faime sospeitar
si amañaron os papeis
para facelos cuadrar.

Eiqui remata ista historia
xa contarei o final
dun concello un pouco raro
no que ninguén sabe “NA”

Hoxe sae ademáis no xornal da Voz de Galicia unha noticia na que falan de nós, das nosas coplas e das de outros participantes dos maios de Ourense. Esperámosvos a todos!!! Achegáivos a descubrir o noso maio e a escoitar o que temos que dicir!! Qué viva a primaveira e o bo humor!!! E por suposto que viva a nosa Terra e a nosa Ribeira!!!

carrabouxos

Carrabouxos

Carta á Asociación de Empresarios de Nogueira de Ramuín

Deixámosvos aquí unha carta publicada hoxe no xornal da Región de Ourense dunha empresaria de Luintra dirixida a AENOR, en resposta á noticia aparecida días atrás na que se aseguraba que os empresarios da Ribeira Sacra, concretamente os de Nogueira de Ramuín, acordaran presentar apoio á infraestructura da A-76 :

“Señores presidente e directiva da Asociación de Empresarios de Nogueira de Ramuín, formo parte da asociación dende hai anos e polo tanto penso que teño dereito a manifestar a miña opinión nas cousas que me afectan como empresaria.

Síntome polo tanto sorprendida, e me consta que non son a única, de atopar no xornal una opinión manifestada con grandes titulares no nome dos empresarios de Nogueira na que non me sínto representada e para a que non fun consultada. Penso que si os nosos políticos se molestaran en comunicar a situación ós veciños tanto como se molestaron vostedes en manifestar opinión en nome de todos sin pedila, non chegaríamos a esta situación.

Señores, non negamos que ten que chegar o progreso pero hai solucións para todo e para todos sen necesidade de pisar a ningúen, e as formas son importantes porque andar ás agochadas fai que nos volvamos desconfiados.

Eu solo quero manifestar que no meu negocio quen me da de comer son os veciños e non os centos de coches que traerá o progreso e que pasarán (ou non) pero que non pararán se nin nos queda paisaxe ou patrimonio que ver

 

O Alcalde de Nogueira escúdase nos empresarios de Luintra

Son da Penalba. Nacín nunha casa da Ferreirúa, na casa dos meus avós, agora dos meus pais, e no futuro dalgún neto, porque esa terra É NOSA , e NON a vendemos.

Casei, e son veciña de Luintra, pobo que tamén quero, porque nel naceron os meus fillos, e porque nel atopei tamén moi boa xente. É por iso,  é polo que os defendín, das verbas do noso queridísimo Alcalde, que dixo que non apoiaba a plataforma “porque os de Luintra estanme presionando”.

Señor alcalde:

Iso é MENTIRA ; eu persoalmente falei con moitos de Luintra e ninguén sabía nada de esas presións; é mais, non sabían nada da A-76.

¿Quen o presionou? ¿Soñouno?

Diga nomes. Atrévase a dar a cara. Eu xa a estou dando. Vostede coñéceme.

A asociación de empresarios, tampouco puido presionar. Infórmolle, de que se reunen o día vintecinco para falar da A-76.

Ao mellor teñen sorte, e reciben información de vostede. Pero non se preocupe, se nola piden, dámoslla nós.

¿Quén o presiona entón?

Conteste. Ou como din alguns do seu partido, “(…) o señor alcalde non ten a obriga de dar explicacións(…)” ¿É iso? Pois está trabucado. Seguimos esperando e seguiremos demandando esa información tan difícil de conseguir. Información que tamén lle debería dar ós de Luintra.

¿Xa saben que non queda entrada directa para Nogueira de Ramuín?

Non, non queda. Os mapas “que non ten o concello”, témolos na plataforma, a disposición de quen queira velos. Esa entrada “fantasma” que promete o señor alcalde, non existe, a non ser que sexa tan “fantasma”, que non se poida ver por ser negociada baixo manga, e nise caso, os malpensados, creerán que hai intereses sucios por detrás.

¿Qué opina? Un saúdo. Vémonos.

Firmado, unha veciña de Luintra.