ALEGACIÓNS CONTRA A A-76 NO PXOM DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

Na xuntanza informativa da Plataforma contra a A-76 pola Ribeira Sacra celebrada o pasado sábado 30 de abril contamos coa presenza do enxeñeiro de camiños, e veciño da zona, Jorge Fernández Soto que explicou polo miúdo as graves consecuencias que terá o proxecto desta infraestrutura nas parroquias de Viñoás e A Carballeira trala aprobación do novo PXOM que está a promover o concello de Nogueira de Ramuín.

O proxecto do PXOM, que actualmente se atopa en fase de exposición pública e período de alegacións, ademáis de traer reflectido nos planos a reserva de solo para a autoestrada, contempla na súa memoria unha xustificación sobre a necesidade desta infraestrutura incluíndoa como un factor que pode “sentar un alicerce dun cambio de tendencia poboacional no concello” e que será unha canle de “entrada e saída para os fluxos de capital, emprego e persoas”.

Na reunión acordouse presentar alegacións ao actual PXOM nas que se poña de manifesto a total oposición da veciñanza á A-76, que se retire da memoria a defensa desta infraestrutura e se inclúan expresamente os graves perxuízos que esta autoestrada causaría na zona desde o punto de vista social, económico e medioambiental.

Por outra banda, tamén se acordou instar ao Pleno do Concello a que se manifeste clara e rotúndamente en contra do paso da A-76 por Nogueira de Ramuín.

Anuncios

Xornada Festivo-Informativa sobre a A-76

O vindeiro domingo 5 de outubro a partir das 10 da mañá a Plataforma Contra a A-76 pola Ribeira Sacra celebrará  unha xornada festivo-informativa  que tratará de dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial, a paisaxe e os núcleos de poboación polos que está previsto que discorra a autoestrada A-76.

 Esta xornada incluirá:

  • ROTEIRO SOBRE A A-76:

Este Roteiro transcorrerá polas aldeas de Souto de Chao (saída), A Seara, Casdecid, Vilanova, Barxela, Zumento, Celeiros, O Val, Forraqueira, A Pereira, Ferreirúa e A Penalba ata rematar na capela da Costria.

Todo o percorrido pasará polas poboacións das parroquias de Viñoás e a Carballeira (Nogueira de Ramuín, Ourense) que se verán gravemente afectadas pola construcción desta vía de alta capacidade.

  • XANTAR POPULAR:

Celebrarase unha comida popular na contorna da capela da Costria.

Haberá unha pulpeira para quen queira comer polbo á feira previo encargo (Telf. 622236424-615422437).

  • MÚSICA E OUTRAS ACTIVIDADES LÚDICAS:

Rematada a comida popular continuarase a xornada festiva co acompañamento musical da charanga B.C.B.  e outras actividades lúdicas como a actuación solidaria do monologuista Tito Rober.

  • CONCURSO FOTOGRÁFICO:

Finalidade: Divulgar as nosas reivindicacións e plasmar a beleza das nosas paisaxes, aldeas e costumes.

Bases do concurso:

Máximo 2 fotografías por participante tomadas durante a xornada.

Plazo presentación fotografías: Sábado 11 de Outubro

(Enviar fotos a pcontraautoviaribeirasacra@gmail.com)

Plazo votacións: Sábado 18 de Outubro

Votacións: Publicaranse as fotografías en Facebook, e os seguidores da Plataforma escollerán a foto gañadora cos seus votos, sendo a foto gañadora a que máis votos consiga.

En caso de empate, expoñeránse durante un prazo de 3 días,  únicamente as fotos que conseguiran o empate, e volveráse a facer unha nova votación pública,  para acadar unha única foto gañadora.

Publicaranse sen  nome de autor e según orde de recepción para velar pola transparencia e igualdade do concurso

Cada concursante, ó enviar a fotografía, cede os dereitos de autor para facer uso con fins divulgativos das actividades da Plataforma Non A-76. En ningún caso se utilizarán con fins comerciais.

Premio: Cea para dous personas no hotel rural O Remanso dos Patos, Penalba, Nogueria de Ramuín.

Anímate e CAMIÑA CON NÓS CONTRA A A-76 pola RIBEIRA SACRA!!! 

CARTEL ROTEIRO

CÓMO CHEGAR: 

Punto de partida do Roteiro: Souto do Chao, aldea ubicada na marxe da comarcal  C-546 (Coordenadas 42.415627, -7.775586).  Saíndo de Ourense pola Lonia, coller hacia Velle e seguir sen desviarse pola C-546 estrada vella de Monforte durante 13 km aprox. pasando polas aldeas de Velle, Vilariño, Melias e o cruce de Almorfe ata chegar ao destino. Outra opción, dende Ourense coller a nacional N-120 dirección Monforte e apartar á dereita no cruce que pon Melias. Continuar en Melias pola C-546 uns kilómetros ata chegar a Souto do Chao.

Capela da Costria para o xantar: Dende Ourense coller dirección Monforte pola nacional N-120 durante 17 km e apartar  á dereita no cruce Luintra-Parador Santo Estevo un pouco antes de chegar a Peares (Coordenadas Costria 42.441225, -7.743575)

 Para máis información: pcontraautoviaribeirasacra@gmail.com