Na XXI Feira do Viño da Ribeira Sacra de Pantón

IMG_0084

Esta fin de semana estivemos cunha mesa informativa da Plataforma en Ferreira de Pantón, onde se celebraba a XXI edición da Feira do Viño pra dar a coñecer os caldos desta parte da Ribeira Sacra.

Alegrános ver que o sector vitivinícola da zona está en auxe e cada vez son máis os interesados  en disfrutar e coñecer os viños de alta calidade elaborados aquí. Viños producidos tal e como facían os nosos antepasados e uvas cultivadas con agarimo en bancais case inaccesibles que ademáis de formar parte da nosa complexa e fermosa orografía tamén aportan elegancia e intensidades aos nosos caldos.

Ata Ferreira achegaronse turistas, veciños e expertos etnólogos, os cales mostraron interese no trazado da A-76 solicitando información acerca da afectación da Ribeira Sacra e na maior parte dos casos brindaronnos  o seu apoio, asinando na recollida de sinaturas que a Plataforma está a facer tanto en papel como na Web change.org.

IMG_0093

Seguiremos acudindo coa mesa informativa a outros puntos de interese pra poder explicar as accións que se están a levar a cabo, resolver dúbidas, ensinar planos e estar en contacto directo con todos vós.

Unha vez máis…GRAZAS!!!!

IMG_0096

IMG_0097